O PP de Vilalba esixe explicacións ao goberno local pola perda dunha subvención

TerraChaXa
O PP de Vilalba esíxelle explicacións pola posible perda dunha subvención de máis de 43.800 euros para a praza da rúa da Emigración
Praza rua Emigracion con cruce rua Ribadeo vilalba
27 Feb 2022

Trátase dunha axuda de máis de 43.800 euros para o acondicionamento da praza da rúa da Emigración. Vázquez advirte que “este falta de xestión do goberno local pode supoñer, non só a devolución do importe da axuda; senón tamén o pago dos intereses de demora”.

A portavoz do PP de Vilalba, Sandra Vázquez, esíxelle ao goberno local “explicacións claras sobre a súa xestión en relación ás obras de acondicionamento da praciña situada na esquena entre a rúa da Emigración e a rúa de Luis González Valdesuso” que se están a levar a cabo na actualidade. A popular cre que “os vilalbeses merecemos unha explicación sobre os motivos polos que o Concello pode perder unha subvención da Deputación de máis de 43.800 euros relacionada con esta actuación”.

A popular sinala que “o ente provincial aprobou en xunta de goberno iniciar o procedemento de perda do dereito á axuda contemplada” porque “o Concello non respondeu aos requirimentos da Deputación no prazo establecido para xustificar a execución do investimento”.

Vázquez advirte que “este falta de xestión do goberno local pode supoñer, non só a devolución do importe da axuda; senón tamén o pago dos intereses de demora”.

Os populares amosan a súa preocupación ante “os numerosos exemplos de falta de xestión do goberno local socialista que, nesta ocasión, poden supoñer unha importante perda para as arcas municipais que, nese caso, deberían facer fronte ao investimento total das obras e ao pago dos xuros á Deputación”.

Vázquez engade outros exemplos coma os reparos que recollen os servizos técnicos e xurídicos nos informes sobre contratación ou a falta de orzamentos municipais dende o 2019 porque “o actual goberno local non elaborou ningún orzamento e gobernan prorrogando as contas aprobadas polo anterior goberno do PP cos votos en contra do PSOE”.

0.15252089500427