O PP de Vilalba insta ao Goberno local a elaborar os orzamentos

TerraChaXa
O Grupo Municipal do PP de Vilalba pedirá no vindeiro pleno que o goberno local elabore un anteproxecto de presuposto municipal para o 2024 e convoque a tódolos grupos municipais “para a súa análise e negociación co obxectivo de chegar a un acordo que garanta a súa aprobación de forma que permita ao Concello contar no vindeiro ano cun presuposto actualizado que responda as necesidades actuais de Vilalba e os vilalbeses”.
dineiro cartos moedas orzamento
30 sep 2023

Os populares defenden que “os orzamentos dunha entidade local son o instrumento que reflexa o proxecto de goberno para o desenvolvemento dunha vila” e incluso está recollido por lei que deben aprobar anualmente un orzamento. “Pero o Concello de Vilalba leva catro anos sen orzamento. Está prorrogado o elaborado polo goberno do Partido Popular no 2019 e ao que o PSOE votou en contra”, lembra a portavoz, Sandra López.

O Partido Popular leva reivindicando en varios plenos a necesidade de contar cun orzamento municipal que responda ás necesidades das persoas que viven no noso municipio; “mentres o equipo de goberno fixo caso omiso, a pesar de que ambas formacións que integran o executivo actual -PSOE e Vilalba Aberta- recoñecían de maneira pública a necesidade de elaborar un instrumento de planificación económica para o noso municipio”.

Os concelleiros do PP condenan “a falta de xestión e planificación económica” que demostra o goberno de Vilalba ao “non elaborar uns orzamentos”; xa que “ocasiona problemas económicos para o noso Concello”. Isto demostra tamén “a incapacidade do goberno local para dialogar”; xa que “a súa aprobación pasa indiscutiblemente polo diálogo político debido a que PSOE e Vilalba Aberta gobernan en minoría”.

Os populares volven reiterar a súa disposición para estudar un anteproxecto de presupostos, aberto a negociación, co fin de chegar a un acordo que facilite a aprobación definitiva dun orzamento municipal.

0.1849479675293