O PP de Vilalba presentará dúas mocións e unha pregunta no Pleno

TerraChaXa | LugoXa
O PPde Vilalba presentará no seguinte Pleno municipal, que terá lugar este xoves, ás 19.
25 Nov 2020

O PPde Vilalba presentará no seguinte Pleno municipal, que terá lugar este xoves, ás 19.00 horas, dúas mocións e unha serie de preguntas sobre as contratacións municipais. Una das mocións, que xa avanzamos neste periódico e a proporta ao Goberno local para a creación dunha comisión para deseñar un plan de axudas aos damnificados pola crise sanitaria. “Esto permitiría planificar as actuacións e poder aproveitar mellor os recursos municipais”, indicou o voceiro do grupo, Agustín Baamonde.

Segundo explica o ex alcalde “Vilalba é un centro comercial grande para podas as parroquias dos arredores e cremos que necesitamos deseñar un plan de axudas a todo o sector, ao comercio e tamén á hostelería”.

Especifican na moción a necesidade de outro plan urxente só para o sector da hostalaría para face fronte ao peche de lociass, así como un plan de investimentos encamiñado á realización de actuacións capaces de xerar valor engadido.

Do mesmo xeito, solicitan noutra moción que o Concello informe á venciñanza sobre o que vai acontencer coa feira do capón, que todos os anos ten lugar en vésperas de noiteboa. Os populares aseguran que é moi probable que non se poida celebrar nas condicións sanitarias actuais “pero se debería de elaborar un plan nun sentido e noutro e comunicar á poboación e, sobre todo aos produtores, o que se vai facer”.

O voceiro do PP en Vilalba, Agustín Baamonde, indicou que “falta pouco menos dun mes e para os criadores é tempo de meter os polos na capoeira e moitos deles non saben o que teñen que facer, se vai haber feira ou non, porque uns dicen que si e outros non o sabe”. Asegura que coas novas medidas postas en marcha pola Xunta, para o Nadal podería celebrarse a feira se todo vai ben, “pero temos que poñernos no peor dos escenearios e buscar opcións para os produtores”.

De todos os xeitos, o Concello avanzou que mañá, xoves, terá lugar a presentación da feira deste ano ante os medios de comunicación e a sociedade vilalbesa.

CONTRATACIÓNS

O PP de Vilalba tamén preguntará no Pleno sobre as contratacións de asesorías e consultoras externas para a realización de determinados traballos técnicos, referirase en concreto ao Plan de Mobilidade, o contrato do lixo e o Plan de Igualdade.

Quere saber as distintas datas de contrato e os importe dos mesmos, así como a situación na que se atopan estes tres proxectos.

0.17085099220276