O PP de Vilalba reclama limpeza para as rúas e o polígono

TerraChaXa
O grupo municipal do Partido Popular de Vilalba fixo público o seu malestar polo estado no que se atopan as rúas o polígono de Sete Pontes
limpeza pp vilalba sete pontes
1 Xul 2023

O grupo municipal do Partido Popular de Vilalba fixo público o seu malestar polo estado no que se atopan as rúas e o espazo que ocupa o polígono industrial de Sete Pontes, debido á súa falta de limpeza.

"O coidado e o mantemento das infraestruturas da nosa vila é un labor fundamental do equipo de goberno. Todos/as queremos vivir nunha Vilalba limpa e que proxecte unha imaxe agradable tanto para veciños/as como para visitantes", indican desde o partido.

Afirman que a falta de limpeza nos espazos públicos é "máis que evidente" na Área Recreativa da Madalena, as beirarrúas no casco urbano e o espazo que ocupa o polígono industrial, "que se atopan nun estado lamentable de abandono con malas herbas espalladas por todas partes".

"Dende a pasada lexislatura vimos reclamando que o equipo de goberno poña interese en manter a vila limpa. Iniciamos un novo mandato, pero a deixadez e a suciedade seguen a ser as protagonistas na vía pública", conclúen.

0.18854808807373