O PP de Vilalba recordará cunha misa a Manuel Fraga

TerraChaXa
Conmemórase o décimo terceiro aniversario da súa morte
ACTO-HOMENAXE-MANUEL-FRAGA-VILALBA-RUEDA3
13 Jan 2025

O PP de Vilalba organiza unha misa en recordo de Manuel Fraga no décimo terceiro aniversario do seu falecemento.

O político vilalbés, que foi presidente da Xunta de Galicia durante 15 anos, considérase fundador do Partido Popular e un dos pais da Constitución Española.

A misa celebrarase, como vén sendo habitual cada 15 de xaneiro, este mércores a partir das sete e media do serán na igrexa de Santa María de Vilalba.

O acto en memoria de Fraga contará coa participación do secretario xeral do PP da provincia, Javier Vázquez Nodal; o vicesecretario de Concellos Rurais do PPdeG, José Ángel Santos; a vicesecretaria de Acción Sectorial do PPdeG, Olga Iglesias; a presidenta de Novas Xeracións de Galicia, Nicole Grueira; a presidenta do PP de Vilalba, Sandra Vázquez; e compañeiros do PP vilalbés, entre outros.

0.16606307029724