O PP defende que a Deputación aumente o investimento e mellore o Plan Único en 2018
O Grupo Provincial do Partido Popular apoia que a Deputación aumente o investimento e mellore o Plan Único en 2018, pois a Xunta leva dende 2010 cunha iniciativa semellante que respecta a autonomía local. Deste xeito, os populares votaron a favor da moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego, pois os Concellos da provincia puideron acollerse a esta iniciativa grazas, precisamente, ás intensas negociacións levadas a cabo por esta formación política.
E é que a demanda de impulsar un Plan destas características era unha vella do PP, cuxo Grupo Provincial trasladou aos dirixentes da Deputación en diversas ocasións e en distintas sesións plenarias, e que foi posible grazas a un Goberno en minoría no organismo provincial.
Con todo, a voceira popular, Elena Candia, botou en falla que non se precisase ao detalle na proposta e no debate en que se traduce este aumento e mellora do Plan, co fin de que as entidades locais coñezan de que cantidade van a dispoñer para priorizar os investimentos. A este respecto, indicou que, previamente, se debeu convocar unha Xunta de Voceiros para tratar e abordar cuestións tan determinantes como se o límite que van percibir os Concello vai seguir fixando nos 500.000 euros.
A popular lamentou, deste xeito, esta imprecisión na proposta, pois, por exemplo, “si que sabemos que a Xunta de Galicia incrementa, a través do Fondo Local, a súa partida nun 3,4%, situándose así como unha das tres Comunidades de España que fai este tipo de aportación directa ao Concellos”; un fondo que permite, remarcou, que as entidades locais perciban máis do que reciben co Plan Único da Deputación, pois só para Lugo, a través desta iniciativa autonómica, a achega supera os 2 millóns de euros.
Orzamentos 2018
A este respecto, a voceira do PP cuestionou que o Goberno provincial aínda non trouxese a Pleno o documento de Orzamentos do vindeiro ano, cando foi a propia de deputada de Economía a que anunciou a previsión de sometelo a Pleno antes de que rematase ao ano. Neste senso, Elena Candia defendeu que “as Deputacións teñen que ter un proxecto político e de prioridades para a provincia, e para elo teñen que se capaces de materializado no Presuposto”, sinalou.
Continuación do Paseo do Rato
Os populares tamén apoiaron que se continúe o Paseo do Rato ata a Campiña e ata o nacemento do propio río. Así o trasladou Carlos Armesto, quen subliñou que esta moción coincide con outra presentada no Concello en 2015 polo Partido Popular.
Neste senso, indicou que se manterán vixiantes de que este acordo se cumpra, lamentando ao mesmo tempo que non sexa a entidade local a que lidere esta iniciativa. “Eu non concibo que no meu Concello se plantexase algo así e non ser nós os que o capitaneásemos e reclamásemos o apoio das institucións, pero o certo é que pouco se pode esperar, cando nin tan sequera fan un mantemento axeitado do mobiliario e de espazos públicos, tal e como publican a menudo os medios de comunicación”.
A este respecto, cuestionou a xestión do Goberno local, quen está a demostrar certo desentendemento neste eido. Proba delo, criticou Armesto, é que “vimos a alcaldesa que ía facer un proxecto europeo e a día de hoxe non sabemos nada, a pesares de ser aprobado en novembro de 2015”. E é que, engadiu, “cando hai vontade de servir aos veciños e de que esa Reserva da Biosfera siga sendo o pulmón verde, hai que poñerse a traballar”.
Fronte a esta inoperancia por parte da entidade local luguesa, Armesto puxo en valor que foron os alcaldes do Partido Popular os que “deseñaron unha gran masa verde, que hoxe é ese pulmón natural e medioambiental e que fai que Lugo sexa diferente”. O popular referiuse así aos mandatos de Tomás Notario Vacas e de Joaquín García Díez no Concello de Lugo.