O PP defenderá unha iniciativa no pleno para saber que vai facer a Deputación co catamarán da nave de Begonte

TerraChaXa
O voceiro popular, Antonio Ameijide, explica que a nave da Deputación en Begonte “é un grave perigo” para calquera cidadán xa que “está sen pechar, polo que calquera pode acceder ao recinto, no que hai un pozo aberto, un catamarán tirado no exterior da nave, destrozado, como se dun desguace se tratase, ademais de outros tipos de residuos”.
Nave Begonte PP
25 Feb 2024

“Esta situación provocou unha investigación por parte das autoridades e pode que supoña unha sanción para a Deputación de Lugo por abandono de residuos”, afirmou.

Dende o Grupo Provincial Popular esiximos “respecto, traballo, dignidade e coidado polas propiedades provinciais para que se poñan a disposición dos veciños porque o que se ve nesta parcela é totalmente insalubre e non se pode permitir. Isto non se lle permite a ningún particular, pero así é como tratan José Tomé, PSOE e BNG as propiedades de todos os lucenses”, sentenciou.

"A realidade é que o único que fixo a Deputación foi desbrozar a finca debido á presión exercida polo Grupo Provincial Popular e ás notificacións do Concello de Begonte", di. Dende o Grupo Provincial Popular defenderase unha iniciativa no pleno do martes para coñecer que pensa facer José Tomé co catamarán que ten tirado nesa parcela e que está totalmente desguazado.

0.16994094848633