O PP esixe ao alcalde de Pol un cambio de rumbo e que "recupere a legalidade"

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Nicole Grueira sinala que o alcalde escúdase na súa maioría para “facer o que quere, sen atender a razóns”
nicole-grueira-pp-novas-xeracions
28 sep 2024

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Pol critican o camiño que segue tomando o alcalde, Lino Rodríguez, “moi lonxe da legalidade” algo que demostra cada día “coas decisións que toma e coas que non”.

A voceira popular en Pol, Nicole Grueira, pon como exemplo o pleno extraordinario celebrado o pasado mes de xullo “convocado unicamente polo interese do alcalde para modificar os estatutos dunha fundación dependente do Concello”.

A realidade é que os plenos extraordinarios teñen que convocarse unha antelación de 48 horas “e nesta caso non houbo nin a 24 horas entre a convocatoria e a celebración do mesmo”.

Dende o PP de Pol presentaron un recurso para impugnar a celebración do pleno pero “dende o propio Concello rexeitárono”.

Ademais, Nicole Grueira pon outros exemplos como a decisión do alcalde de retirar o traballador municipal encargado de abrir e pechar o colexio “unicamente porque lle deu a gana ao señor alcalde”, unha decisión que provocou un gran malestar entre a sociedade educativa e os pais e nais dos estudantes.

0.19944882392883