O PP fai un balance da xestión do Goberno bipartito vilalbés

TerraChaXa
A portavoz, Sandra López, explica que “o despilfarro destes anos de goberno socialista ten como consecuencia unha paupérrima situación económica do Concello que, á súa vez, deriva no recorte de partidas ás asociacións e ás festas parroquiais”.
Grupo Municipal PP de Vilalba
9 Feb 2024

A portavoz, Sandra López, explica que “o despilfarro destes anos de goberno socialista ten como consecuencia unha paupérrima situación económica do Concello que, á súa vez, deriva no recorte de partidas ás asociacións e ás festas parroquiais”.

Os concelleiros do PP de Vilalba fan balance dos primeiros meses do goberno bipartito coincidindo coa aprobación dos primeiros orzamentos municipais “despois de catro anos sen planificación económica porque o goberno socialista non a consideraba indispensable”. Pero agora vemos que “o despilfarro durante este tempo ten como consecuencia agora unha paupérrima situación económica do Concello que, á súa vez, deriva no recorte de partidas ás asociacións e ás festas parroquiais”. Os populares sinalan tamén a Vilalba Aberta porque “criticaba con vehemencia dende a oposición certos asuntos, pero agora que está no goberno baixa a cabeza e mira para outro lado”.

A voceira, Sandra López, lembra que “Renda prometía en campaña electoral uns orzamentos superadores aos do PP”; pero, “ao final, quedáronse en recortadores. Estase constando a transformación de Vilalba Aberta”. Para os populares hai exemplos claros: “na oposición consideraban indignante que o goberno local castigase aos veciños do rural con menos axudas que aos da vila”; pero agora as áreas de goberno de Vilalba Aberta “recortan as axudas ás asociacións e suprimen as aportacións ás festas parroquias -aínda que xa saíu a alcaldesa a emendar ao vicealcalde- e tamén o investimento para a mellora de estradas nas parroquias”. É que “prometían 850.000 euros cara ano, pero o que prevé investir son os fondos procedentes doutras administracións que era o mínimo que investían gobernos anteriores”. Polo tanto, “empeza mal, con recortes”.

DESPILFARRO ECONÓMICO

López explica, así mesmo, que “o goberno local di que non hai diñeiro, pero fai catro anos o Concello quedaba saneado e con 4 M€ en remanentes: “Se non hai cartos agora é porque vostedes os gastaron”. De feito, pon como exemplo de despilfarro de 1 millóns de euros na rúa da Pravia -unha obra faraónica que ninguén pediu-, outro 1 millóns de euros nas piscinas da Madalena que seguen sen entrar en funcionamento, 18.000 euros en renovar o mobiliario da alcaldía, 7.000 euros en xardineiras, 6.000 euros en plantas ou 3.000 euros nun detective privado para investigar a traballadores municipais.

A isto hai que engadir 800.000 euros en festas nun só ano, “un gasto desproporcionado o ano anterior ás eleccións”. Os populares defenden “o gasto necesario nas festas porque non só ocio, senón que supoñen un revulsivo para os negocios vilalbeses e dan de comer a moitas familias”. Pero, “non ten sentido un ano gastar 800.000 euros, ao seguinte 130.000 e que o seguinte teñan previsto reducir á metade. O que pedimos é regularidade: non podemos tirar a casa pola ventá un ano e que ao ano seguinte non haxa para facer a festa o día do patrón”.

AS MENTIRAS DA ALCALDESA

A popular destapa tamén as mentiras da alcaldesa: “criticaba que nos orzamentos da Xunta non había nin un euro para Vilalba, pero no orzamento municipal recolle uns ingresos de 3 millóns de euros procedentes da Xunta. Son os habituais de tódolos anos aos que hai que sumar outras achegas directas ao Concello ou subvencións ás que poida optar; ademais de obras e os servizos que sufraga directamente”.

Así mesmo, lembra que “a Xunta de Galicia dirixiu no último ano máis de 2 millóns de euros ao Concello para o SAF. O Goberno galego apoia a prestación deste servizo de competencia municipal e que todos coincidimos en que non hai que recortar”. A este respecto, lembra que “o Goberno de Sánchez si está a incumprir a lei de dependencia que obriga ao Estado a financiar o 50% do gasto, pero só está a financiar un 30% acumulando un débeda con Galicia de máis de 2.500 millóns de euros”.

0.18234705924988