O PP Guitiriz agradece que a Xunta reforce o servizo de axuda no fogar neste Concello con preto 9.000 horas máis ao ano

TerraChaXa
O Partido Popular de Guitiriz destaca que a Xunta de Galicia reforce o servizo de axuda no fogar neste municipio; o que evidencia, destaca o voceiro do PP neste concello, José María Teixido, “unha forma de gobernar pensada nas persoas que máis o necesitan.
19 sep 2017

O Partido Popular de Guitiriz destaca que a Xunta de Galicia reforce o servizo de axuda no fogar neste municipio; o que evidencia, destaca o voceiro do PP neste concello, José María Teixido, “unha forma de gobernar pensada nas persoas que máis o necesitan. Concretamente, o Goberno galego aumentará esta prestacións en 8.922 horas máis ao ano, é dicir, 744 horas máis cada mes.

Deste xeito, grazas a esta ampliación do servizo, os veciños que teñen limitada a súa autonomía van poder ter unha mellor calidade de vida, pero tamén as súas familias ou coidadores. Por este motivo, os populares queren poñen en valor o esforzo que está a realizar a administración autonómica nesta materia, pois, ademais, de prestar unha asistencia superior, esta medida leva aparellada o mantemento dos postos de traballo que no municipio se crearon ao abeiro da atención á dependencia.

Teixido agradece así a coloboración do Goberno galego. “É unha satisfacción comprobar que os nosos veciños van estar mellor atendidos, así como as familias que teñen algún dependente ou persoa con mobilidade reducida ao seu cargo. Toda a axuda que se facilite neste campo, non só é benvida, senón que é necesaria”, destaca.

Este servizo farase efectivo a partir deste mesmo mes, tal e como indicou recentemente a consellería de Política Social. Enmárcase na partida de 2,9 millóns de euros que o departamento autonómico destina a este fin, e que inclúe a prestación de 25.710 horas adicionais mensuais; o que supón que, cada ano, se porá a disposición dos concellos 308.515 horas complementarias no Servizo de Axuda no Fogar.

0.14319610595703