O PP insta ao Concello a xestionar a pavimentación da rúa Os Espiñeiros de Celeiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
"Nunha das entradas de Celeiro, hai unha vía urbana, á que algúns chaman Os Espiñeiros, no entorno de Lavandeiras e con entronque coa rúa Ramón Canosa, cerca da Casa do Mar, que está sen pavimentar, a pesar de que dá acceso a garaxes e a unha escola de mergullo", segundo o grupo popular de Viveiro, "o Catastro, é solo de dominio público marítimo terrestre; é dicir, non é do Concello.
Captura de pantalla 2020 02 21 a las 12.21.26
23 Oct 2020

"Nunha das entradas de Celeiro, hai unha vía urbana, á que algúns chaman Os Espiñeiros, no entorno de Lavandeiras e con entronque coa rúa Ramón Canosa, cerca da Casa do Mar, que está sen pavimentar, a pesar de que dá acceso a garaxes e a unha escola de mergullo", segundo o grupo popular de Viveiro, "o Catastro, é solo de dominio público marítimo terrestre; é dicir, non é do Concello. Á vista do mal estado desta vía e das molestias que iso supón para os veciños máis directamente afectados, en particular, e, en xeral para todos os que teñen que circular por ela". Así, o grupo municipal do PP presentará un rogo na próxima sesión plenaria, para que o goberno municipal faga as xestións necesarias co titular do terreo para a pavimentación nas debidas condicións.

Os concelleiros populares Óscar Rodríguez e José Soto comprobaron in situ o mal estado en que se atopa o firme desta rúa sen acabar de urbanizar, ou, polo menos, sen asfaltar. Ten gran número de fochancas, algunhas delas de gran tamaño que cando chove se converten en verdadeiros lagos. O mal estado do firme fai que sexa incómoda a circulación rodada, pero moito máis a peonil, dado que os camiñantes teñen que pisar moitas pozas e, cando pasa un coche, con frecuencia sofren salpicaduras.

O portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que, comprobado que a rúa non pertence ao Concello, queren que dende a institución municipal se leven a cabo as xestións necesarias co organismo do que dependa a vía para demandar a súa reparación. Tamén consideran admisibles fórmulas de colaboración interinstitucional, polas que, de chegar a un acordo, sexa o propio Concello o que asuma directamente as obras.

Rodríguez di que, en todo caso, non é admisible que esta vía se atope sen urbanizar, polo menos sen pavimentar debidamente, xa que está nunha zona urbana, nunha das entradas de Celeiro, unha localidade que cada ano recibe un gran número de visitantes.

Internet en Celeiro

Por outra parte, os concelleiros populares presentan un rogo para corrixir o déficit que sofren os veciños de Celeiro en canto ao servizo de Internet. Os populares queren que por parte do equipo de goberno do Concello se realicen as xestións necesarias coas empresas que están a instalar fibra óptica na zona, para que os veciños poidan dispoñer dun servizo de calidade.  Destacan que Internet é unha ferramenta indispensable non só para a comunicación senón tamén para realizar estudos e traballos profesionais e resulta lamentable que este servizo non chegue con garantías ao centro dun núcleo urbano.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17305493354797