O PP pide ao Concello de Vilalba que se adhira ao programa Doing Business

TerraChaXa
O Grupo Municipal do PP volve que o Concello de Vilalba inicie os trámites para adherirse ao programa Doing Business porque “suporía un impulso importante para o polígono industrial” e favorecería a implantación de empresas en Vilalba e a creación de novos empregos.
poligono industrial vilalba
30 Nov 2023

O Grupo Municipal do PP volve que o Concello de Vilalba inicie os trámites para adherirse ao programa Doing Business porque “suporía un impulso importante para o polígono industrial” e favorecería a implantación de empresas en Vilalba e a creación de novos empregos.

"Trátase dunha proposta que teñen trasladado dende o colectivo empresarial porque o feito de converterse en Concello Emprendedor favorece a captación de investimentos; xa que supón vantaxes como rebaixas fiscais para as empresas que se instalen no municipio, máis facilidades para o acceso ao solo industrial, simplificación administrativa e preferencia nas ordes de axudas convocadas en réxime de concorrencia competitiva", explica a voceira do PP.

Os populares tamén piden que compareza a concelleira de Cultura para dar explicacións de forma minuciosa os gastos e ingresos das festas patronais de San Ramón e Santa María e de forma individual de cada actuación e explicar a vinculación co Concello das dúas persoas que recolleron anuncios polas empresas para incluír no libro das festas patronais.

Igualmente, propoñen unha declaración institucional con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o pasado 25 de novembro. E tamén se suman á reivindicación de avogados e procuradores defendendo unha iniciativa para que o Goberno do Estado promova a modificación normativa que permita a posibilidade de os profesionais que o desexen recuperen as achegas ás mutualidades privadas con destino ao RETA.

Os concelleiros tamén piden que o equipo de goberno presente un proxecto de orzamentos para o ano 2024, insista no control das condicións hixiénico-sanitarias do abastecemento de auga potable e estableza unha alternativa para poder estacionar na praza de Santa María en momentos puntuais como a celebración de funerais.

A portavoz, Sandra López, engade tamén que “xa trasladamos tamén os problemas na Ponte da Ribeira que, cun burato de máis de 50 centímetros de diámetro, supoñía un importante risco para os usuarios”.

Tamén preguntarán os populares en que estado se atopa o novo contrato do lixo e por que están a eliminar contedores, entre outros asuntos.

0.18230986595154