O PP preocúpanlle os postos de traballo que se perdan pola disolución de Suplusa que pretende aprobar a Deputación
Trala reunión celebrada entre os membros da Xunta Xeral de Suplusa, sobre a disolución desta entidade e na que participou como representante do PP o deputado José Antonio García, o Grupo Provincial do PP di:
1.- Durante a xuntanza chégase, en primeiro lugar, a un preacordo no que os deputados socialistas desisten da xudicialización aos deputados do PP, un intento de linchamento co que só danaron a imaxe dunha institución, que debería estar por encima das persoas. Tras chegar a este preacordo, asínase a solicitude da convocatoria da Xunta Xeral Extraordinaria de Suplusa, para o día 12 de setembro, para acordar a disolución da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. ata a súa sucesión universal pola Deputación Provincial de Lugo.
2.- Dende o Grupo Provincial do PP defendemos a xestión da Sociedade Urbanística Provincial Lucense, e moi especialmente nos últimos anos, durante os que incrementou a súa venda de solo e cumpriu con compromisos adquiridos dende hai anos con Concellos, que por razóns de sectarismo político se decidiran non poñer en marcha. Traballouse con honradez, dedicación e compromiso pola provincia.
2.- Entendemos que a imaxe desta Sociedade viuse danada nos últimos tempos froito exclusivamente dun incrible conflito político interno no Partido Socialista. Un dano irreparable, que entendemos que sería imposible de reverter.
3.- Participaremos nun proceso que poderíamos apoiar sempre e cando estean salvagardados os dereitos dos traballadores e dos Concellos que teñen planificado investimentos ou traballos dentro dun proxecto a executar por Suplusa.
4.- Polo tanto, arranca un proceso que tal e como se acorda no escrito asinado establece un período de liquidación de 24 meses, que poderá ser ampliado. Este Grupo seguirá traballando con coherencia, defendendo os intereses de todos os que poidan ser prexudicados por decisións unilaterais ou sen fundamento como vimos vendo nos últimos tempos.