O PP propón unha serie de medidas para frear o descenso demográfico
A situación demográfica actual no concello de Pol é dun constante descenso, por iso, o Grupo Muncicipal Popular propón unha serie de medidas para paliar esta tendencia. "Desde o ano 2000, o crecemento da poboación é negativo, unha situación que provoca un estado de indefensión nun municipio rural. Naquel momento, a vila contaba con 2000 habitantes e que, segundo o Instituto Nacional de Estadística, no ano 2021 son preto de 1600 persoas as que están censadas no concello. Un dato estremecedor para unha poboación rural que conta co desinterés absoluto por parte do goberno local para paliar esta problemática", explican.
O obxectivo que se persegue é dar prioridade á visibilización do concello do rural promovendo e impulsando o seu desenvolvemento. Para iso, os populares teñen claro a ruta a seguir: é necesaria a reivindicación da beleza e o atractivo natural co que conta tendo en conta a instauración do chan industrial que permitirá a posibilidade de desenvolver actividade empresarial sen ter que instalarse noutros municipios, o que a súa vez fomentará o emprego local.
PLAN DE ACCIÓN
Para incrementar a poboación, o Partido Popular de Pol propón a planificación de conciliación familiar, contar con axudas para matriculados en estudos universitarios, ciclos universitarios ou escolarización. Tamén considérase importante as achegas para autónomos e o pequeno empresario e un plan de actuación que facilite a incorporación de xente nova ao mundo laboral e incentivar o emprego local.