O PP reclama a apertura da piscina da Pastoriza
O Grupo Provincial do Partido Popular aproveitou a inauguración do novo local social de Pousada, na Pastoriza, para solicitar ao Goberno Provincial que adopte unha solución que permita a apertura da piscina de A Pastoriza, unha infraestrutura que foi adxudicada no ano 2009, sendo o prazo de execución de nove meses e que para a súa construción o organismo provincial achegou máis de 1,5 millóns de euros. A día de hoxe, a piscina aínda non abriu as súas portas.
Neste senso, insisten que a piscina da Pastoriza leva de gasto máis de 16.000 euros de mantemento estando pechada, dado que o organismo provincial tivo que aboar unha factura por valor de 6.000 euros en concepto de subministro de gasóleo; cantidade á que hai que sumar máis de 11.000 correspondentes ao consumo de luz no ano 2016.