O PP solicita a tramitación do inventario de camiños

TerraChaXa
O PP de Xermade pide que se corrixa o inventario municipal de camiños atendendo ás alegacións presentadas polos veciños
Couce Seco obras camino
7 Ago 2021

Grupo Municipal Popular de Xermade pedirá no vindeiro pleno da corporación municipal “a inmediata tramitación do expediente do inventario de camiños de cara á súa aprobación definitiva; unha vez corrixido atendendo ás numerosas alegacións sobre erros e imprecisións que foron presentadas polos propietarios de fincas e usuarios”.

O voceiro popular, Antonio Riveira, sinala que “así o recolle un informe técnico-xurídico emitido polo Concello ante as consultas dos veciños sobre a posibilidade de que os camiños sexan públicos”. O propio informe recolle que “se debe revisar o documento e informar sobre as alegacións presentadas na fase de exposición pública que aínda non foron resoltas dende a aprobación inicial do inventario de camiños no pleno do 12 de abril do 2018 cos únicos votos da favor do equipo de goberno”.

A través dun rogo, o Grupo Municipal do PP esixe tamén ao goberno local que “o Concello dea a coñecer aos veciños os criterios para a realización da corrección do inventario de camiños coa finalidade de que coñezan a situación dun documento que é de vital importancia para as súas relacións coa administración e co resto de usuarios”.

Aclarar a titularidade pública dos camiños

Durante a elaboración do inventario de camiños, realizáronse planos que reflicten a titularidade pública de camiños atendendo ao informe xurídico baseado na normativa vixente. Neste sentido, Riveira advirte que “se dan casos nos que se retira da cartografía catastral parte dun camiño e se mantén noutro treito, totalmente illado do resto”, cita como exemplo. É por iso polo que os populares demandan “un traballo serio por parte do goberno do Concello” porque “cun documento erróneo non pode facerse un traballo razoable nas fases posteriores”, conclúen.

0.20215511322021