O PP ve "absolutamente reprochable a actitude do actual alcalde de Foz"

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal do PP ve absolutamente reprochable a actitude do actual alcalde de Foz.
12 Xan 2020

O Grupo Municipal do PP ve absolutamente reprochable a actitude do actual alcalde de Foz.

"O alcalde, Francisco Cajoto, que de forma totalmente deliberada se está dando un atracón de autobombo con obras xestionadas integramente na anterior lexislatura polo goberno popular co apoio de FPF que foi o único grupo respaldou eses proxectos aprobando os orzamentos do 2019 que o Psoe e Bng votaron en contra" declara o portavoz popular Javier Jorge Castiñeira, .

Castiñeira proseguiu dicindo que "lamentamos a formas do señor Cajoto, que vive das rentas do traballo feito pola anterior corporación, que fielmente deixou encamiñada a lexislatura actual, con obras no instituto e no colexio N1, xestionada a depuradora, proxectadas as rotondas de cangas, resolto o Plan único de obras e aprobando un orzamento gracias as negociación con Foz Plataforma de Futuro. Froito desas negociacións é unha obra de cambio de abastecemento e repavimentación con aglomerado en quente na calle de Alemparte en Cangas e que ven de anunciar recentemente o Sr Cajoto plaxiando novamente a autoridade da mesma. Tal é a caradura política do actual goberno, que no pleno de outubro o Alcalde demostrou descoñecer a existencia da partida nos orzamentos do 2019 para esa obra ata o punto de ter que pregárselle o inicio da contratación, e ven agora demagóxicamente anunciando a súa aposta polas parroquias".

"O caso máis sangrante desa actitude desonesta cos seus predecesores é a construción da Canceira, na que o actual goberno tivo un protagonismo irrelevante, tendo únicamente que rematar o proceso de contratación. Foi o anterior goberno Popular o que xestionou a totalidade desa inversión tan importante redactando o proxecto, suplementando unha partida nos orzamentos do 2019 que apoiou FPF e conseguindo que a Deputación firmase un convenio grazas a mediación de Elena Candia que respaldou os orzamentos Provinciais ao goberno socialista en minoria e nin tan se quera fomos invitados a inauguración" continua Castiñeira.

Rematan dicindo os populares “ademáis denunciamos dende o Partido Popular que o alcalde está retrasando intencionadamente a contratación de obras xestionas polo anterior goberno como son as do Plán único 2019 para con elo apoderarse da autoría das mesmas, prolongalas no tempo e seguir vivindo das rentas , acomodado coa corrente a favor e sen iniciativa propia”.

0.20037293434143