O premio Agustín Fernández Paz entregarase o día 1 no auditorio

TerraChaXa
O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá o 1 de febreiro o acto de entrega do III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, que este ano foi para a obra titulada Plan de Rescate, presentada baixo este mesma seudónimo e que correspondeu a Antía Yáñez Rodríguez.
Captura de pantalla 2020 01 24 a las 11.25.57
26 Xan 2020

O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá o 1 de febreiro o acto de entrega do III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, que este ano foi para a obra titulada Plan de Rescate, presentada baixo este mesma seudónimo e que correspondeu a Antía Yáñez Rodríguez.

O argumento desta novela fala de Noela, unha rapaza de dez anos en cadeira de rodas, que conta a historia protagonizada polos seus compañeiros de clase de apoio. Os catro amigos resolverán unha difícil situación que sofren o resto dos seus colegas e o profesorado do centro. Unha aventura chea de humor e ironía onde cada un dos espazos da escola se transforma en escenario dunha inesperada operación de rescate.

O xurado do premio estivo formado por Rosa Aneiros Díaz, Manuel Bragado Rodríguez e Xavier Senín Fernández.

O acto de entrega terá lugar o sábado ás 20.30 horas nun acto presentado por Carmen Hermida, que contará coa intervención de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba; Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia; Manuel Bragado, membro do xurado, e Antía Yáñez, gañadora do premio. Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe a cargo da banda do Mato Vizoso, Emilia Martínez Fuentes, Alfonso Maseda, grupo da biblitoeca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva e Bruxo Verdes.

Colabora no acto a Asociación de Xordos de Vilalba. A entrada e libre e gratuíta.

CARTAZ III PREMIO 32X40
0.18450498580933