O presidente do PP de Ribadeo presenta a súa dimisión irrevocable

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
19 sep 2019

O presidente da agrupación ribadense do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, que exerceu o seu labor na oposición, como alcaldable e pricipal edil do partido nas sesións plenarias, acaba de facer pública a súa breve carta, da que non trascenderon os motivos, sobre a presentación da súa dimisión irrevocable do posto de presidente local que viña ostentando.

Na misiva enviada a presidente dos populares lucenses, Elena Candia, comeza dicindo que é presidente do Partido Popular de Ribadeo desde o 4 de maio de 2.013, elixido no congreso local celebrado na mesma data

Debido a motivos personais, sen concretar máis, o agora expresidente do PP ribadense presenta a súa dimisión írrevocable nese cargo, a día 18 de setembro de 2019. 

Outros antes que el, outros edís do PP ribadense, tiñan presentado tamén a súa dimisión, como foi o caso de Juan Estévez, concelleiro dos populares ribadenses, que aparece na fotografía adxunta e que abandonou o Concello tamén por motivos persoais.

O seo do Partido Popular ribadense pasou por diversas etapas, dende que se tivera que ordear a creación dunha xestora provisional, tras gañar o nacionalista Fernando Suárez, unhas elecións. Naquela xestora non estiveran os primeiros espadas ata aquel momento na vila, como fora o exalcalde José Carlos Rodríguez Andina, pero dende a dirección do partido nomearan a Penabad que levou o timón con calma, ata que nas anteriores municipais postulóuse, en lugar de Penabad que o tiña sido ata o momento, o parlamentario Daniel Vega. Dentro do partido parece ser que houbo detractores e defensores do novo candidato que está traballando pola vila a nivel local e tamén no Parlamento.

0.17024207115173