O primeiro ouro por equipos de arco masculino ten sabor pontés
Esta fin de semana celebrouse a Copa del Mundo de Guatemala de tiro con arco na que participou a selección española composta polos os ponteses Dani Castro e Miguel Alvariño, ambos do Club Sílex , e o burgalés Pablo Acha, e conseguiu o primeiro ouro por equipos de arco recurvo masculino da historia.
A selección española de tiro con arco participou nesta importante cita internacional na que se impuxeron a USA por 6-1 acadando o ouro.
Comezaron bastante ben a proba, impoñendose nu 0-4, malia o vento fixo que os estadounidenses recortaran esa distancia poñendose en 2-4, para así, unha flecha de Pablo Acha conseguiu o último 10 que lles deu a victoria.
Comezaron o torneo gañando a Guatemala, para despois enfrontarse a India con serias dificultades, e despois impoñeronse a Francia por 6-2 para chegar á final contra USA.