O programa Acelera Pyme estará este venres en Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Estarán a partir das 12.30 horas na praza de Galicia
acelera-pemes-deputacion
A presentación do programa
5 Xuño 2024

Este venres 7 de xuño, o concello da Pol contará coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo para os autónomos ou propietarios dunha peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio.

Estarán a partir das 12.30 horas na praza de Galicia.

Algúns dos servizos gratuítos do programa Acelera Peme son o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa, o apoio na implantación de novas solucións dixitais ao negocio, a consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…) e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

0.3829140663147