O programa Actívate da Deputación pecha a primeira edición con 160 participantes

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A institución provincial celebra a boa acollida deste programa que percorreu a provincia con propostas de turismo activo.
Balance Activate
4 Jul 2021

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou a boa aceptación do programa Actívate que puxo en marcha a institución provincial. Esta iniciativa contou con 160 participantes nas diferentes propostas realizadas ao aire libre nas fins de semana de maio e xuño. Naceu como unha iniciativa para promover o turismo activo, científico e mindfulness nos concellos da provincia.

Moitas das propostas levadas a cabo neste programa esgotaron as prazas dispoñibles e as de lista de agarda en menos de 24 horas. Cabe destacar que nun inicio a normativa sanitaria vixente limitaba a 8 persoas a participación en cada actividade do programa. Posteriormente, coa ampliación dos aforos, duplicáronse as prazas e máis veciños e veciñas da provincia puideron gozar das actividades.

Os participantes realizaron barranquismo, sendeirismo ou surf, entre outras propostas. García Porto destacou a importancia da boa participación, que axuda “á recuperación económica da provincia a través de sectores tan afectados polas restricións da pandemia como o turismo, a hostalería ou o comercio, un dos obxectivos que temos dende este Goberno dende o comezo da crise sanitaria”.

Actívate sumouse ás medidas incluídas no Plan de Impulso da Economía da Provincia de Lugo que contempla, entre outras accións, os Bonos Impulso, para os que está aberto o prazo de solicitude ata o 15 de xullo, e dous programas que fomentarán o turismo de proximidade: Coñece a túa provincia e Saborea a túa provincia, ademais das Actividades Fluviais, que arrancaron esta semana.

0.15954399108887