O programa Aturuxo remata o 25 cunha foliada
O programa de Monográficos Aturuxo, organizados pola Asociación Cultural Aquilino Iglesias Alvariño en colaboración de Xotramu, que se desenvolveron dende novembro do ano pasado no Local Social do Centro Médico de Muimenta, chegará ao seu final cunha foliada aberta que terá lugar o sábado 25 de maio na igrexa vella.
A programación dará comezo ás 17:30 terá lugar co último monográfico, con Xabier Iglesias sobre bailes da Terra Chá. A organización lembra que hai que inscribirse e pagar a cuota de 20 euros para poder participar.
A continuación haberá un obradoiro teórico-práctico de serrucho da man de Germán Díaz, este será de balde.
Finalmente, ás 21:00 o grupo convidado Bouba abrirá a foliada e a partir das 20:30 horas. Poderán asistir, cantar, tocar e bailar quen queira... as persoas que axuden a facer foliada serán agasalladas con algunha que outra consumición.