O programa Btteando por Guitiriz regresa este domingo

TerraChaXa
Realizarán unha ruta polo Camiño Real de San Salvador
ruta-btt-guitiriz
8 Out 2024

Este domingo, 13 de outubro, volverá o programa BTTeando por Guitiriz cunha nova saída, a sexta da actual edición, organizado polo Concello coa colaboración co Club BTTeiros Cova da Serpe. Nesta ocasión realizarase unha ruta polo Camiño Real de San Salvador, en Bascuas.

O itinerario comezará ás 10:00 horas desde a Capela de Bascuas, con chegada no mesmo punto. Como no resto de rutas do programa, será apta para todos os públicos, con 20 quilómetros de duración e uns 300 metros de desnivel aproximadamente, sendo ideal para os que se estean iniciando na práctica do BTT.

As inscricións son gratuítas e estarán abertas ata este xoves 10 de outubro, podendo formalizarse de xeito presencial no Concello ou a través das redes sociais do Club BTTeiros Cova da Serpe.
Para asistir só é preciso apuntarse e levar bicicleta propia, casco e roupa cómoda, aínda que tamén é aconsellable levar unha peza de froita e auga. Os menores de idade deben ir acompañados por una persoa adulta.

A sexta edición do programa BTTeando por Guitiriz contará con dúas rutas máis neste 2024, sendo as seguintes o domingo 10 de novembro (Ruta do Pantano de San Xoán) e o domingo 29 de decembro (Ruta de Fin de Ano).

0.17176508903503