O programa Catuxa visitou o María Samiento de Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
[caption id="attachment_16828" align="alignleft" width="530"]
14 Mar 2019

[caption id="attachment_16828" align="alignleft" width="530"] sdr[/caption]
O programa Catuxa chegou ao IES María Sarmiento de Viveiro para traballar co alumnado de 3º da ESO procedente dos concellos de Viveiro, Ourol e O Vicedo.
Durante este taller, conducido por Lucía Riveiro, do equipo de ReTnova Proxectia Consulting, S.L (empresa adxudicataria do Programa Catuxa), dotouse ao alumnado de ferramentas para a xestión das súas propias emocións, aprendendo a vencer os medos, ganar en seguridade, motivación e crer nun mesmo/a, desde a perspectiva da igualdade entre xéneros como base fundamental.
A través desta a actividade o alumnado interiorizou que comprender os sentimentos e o punto de vista das demais persoas como se foran os propios é a base da empatía e da boa comunicación. Isto propiciou que o alumnado se sentira reconfortado e gañara en seguridade e respecto.
Cómpre destacar a boa actitude dos máis de 70 alumnos e alumnas dos tres grupos de 3º da ESO do centro que participaron no día de onte nas diferentes sesións do taller, no cal se involucraron ao máximo en cada unha das dinámicas realizadas.
O próximo día 20 Catuxa visitará de novo o IES María Sarmiento para rematar coa realización desta actividade e continuará o día 22 no IES Illa de Sarón do concello de Xove novamente con este taller de “Intelixencia emocional, social e habilidades persoais” e a actividade “Desmontando o mito do amor romántico”.

0.16675591468811