O programa Club de ciencia chega a tres centros da Mariña

TerraChaXa | LugoXa
Un total de 13 centros educativos públicos da provincia de Lugo, entre eles o IES Monte Castelo de Burela, o CEIP Santa Rita e o IES María Sarmiento de Viveiro, desenvolverán durante o presente curso 2019/20 o Club de ciencia, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.
5 Dec 2019

Este é o cuarto ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa que forma parte da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, e que arrancou como experiencia piloto no curso 2016/17 con 9 centros, un número que se foi incrementando desde entón. Agora, ao abeiro da convocatoria deste ano, incorpóranse outros 30 novos centros ao ‘Club de ciencia’, o que fai un total de 119 centros de ensino público en toda Galicia (55 da provincia da Coruña, 13 de Lugo, outros 13 de Ourense e 38 de Pontevedra), tal como queda recollido na resolución definitiva que pode consultarse no Portal educativo.

Os clubs, para os cales a Consellería destina 1.250 euros para cada centro, nacen como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas.

O obxectivo da mesma pasa por fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.

O Club de ciencia defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver problemas.

0.18340992927551