O programa de maiores de Amigos de Galicia chega a Pol
A Fundación Amigos de Galicia estará en Pol este luns e martes, 20 e 21 de xuño, para levar a cabo o seu programa formativo e de acompañamento aos maiores. As sesións desenvolveranse entre as 16.30 e as 20.00 horas na biblioteca de Mosteiro.
Esta programa de acompañamento está dirixido ás persoas maiores que viven en situación de soidade, proporcionando apoio psicolóxico e fomentando o seu envellecemento activo, así como a súa sociabilización e dixitalización.
Segundo as estimacións, en Galicia, máis de 130.000 persoas maiores de 65 anos viven soas, moitas delas por carecer de familiares ou persoas de referencia, polo que se atopan en situación de soidade, abandono e illamento social.
O programa lévase a cabo por parte de persoal de Fundación Amigos de Galicia (traballadoras sociais, educadora social, psicólga e abogado) en colaboración cos servizos sociais dos concellos e con grupos de voluntarios, supervisados polo persoal da entidade.
As persoas beneficiarias do programa son derivadas polos servizos sociais municipais. Comézase cun primeiro grupo de 20 usuarios. Realízansetalleres prácticos e sinxelos para ensinar ás persoas maiores que sexan autosuficientes e teñan interese en manexar as novas tecnoloxías a través do móbil e o ordenador.
A formación dirixida á independencia dixital das persoas maiores para levar a cabo as súas tarefas diarias de maneira autónoma. Os obradoiros contan cun simulador de caixeiro automático bancario e teléfono móvil para que, de forma práctica, os alumnos poidan experimentar unha aprendizaxe significativo e interiorizar as actividades propostas; tales como solicitar unha cita médica, gardar quenda no seu Concello ou centro de saúde, sacar diñeiro no caixeiro, actualizar a súa cartilla ou manexar un teléfono móbil.