O programa DinamizARTJ chega a Vilalba este venres

TerraChaXa
Unha obra de aventura dirixida ao público familiar que desvela as incribles fazañas dalgunhas das mulleres máis importantes da historia
teatro-dinamizartj-vilalba
12 sep 2024

Este venres hai unha cita no Auditorio Municipal ás 19:30 coa obra Expedición Las Nadies de Hipnótica Circo Teatro.

Unha obra de aventura dirixida ao público familiar a través da que os espectadores poderán desvelar as incribles fazañas dalgunhas das mulleres máis importantes da historia da humanidade.

Ademais da obra, as familias poderán participar nun breve coloquio final sobre o papel das mulleres na historia.

É unha actuación encadrada no programa Dinamiz-ARTj, promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Cidade da Enerxía (CIUDEN). As entradas, totalmente gratuítas, poden reservase en www.entradasvilalba.es.

0.050626039505005