Cancelada a Ruta da Cova da Serpe do programa Guitiriz en Ruta polas altas temperaturas

TerraChaXa
A saída estaba programada para este domingo, 29 de xuño, a partir das 10:00 horas
saida-guitiriz-en-ruta-caios
28 Jun 2025

Este domingo, 29 de xuño, non se celebrará a Ruta da Cova da Serpe, última actividade prevista dentro do programa Guitiriz en Ruta antes da pausa de verán. A organización decidiu cancelar a andaina debido ás altas temperaturas que se agardan para estes días, co obxectivo de garantir a seguridade e o benestar dos participantes.

A ruta, que tiña un percorrido circular duns 12 quilómetros cun inicio ás 10:00 horas na Igrexa das Negradas, tiña como destino a Cova da Serpe, o punto máis alto do Concello de Guitiriz, cunhas vistas impresionantes. O percorrido estaba previsto que rematase arredor das 14:00 horas no mesmo lugar da saída.

As inscricións permaneceron abertas ata o xoves 26 de xuño, pero a organización insiste en que a prioridade é a saúde dos sendeiristas, polo que se suspende a actividade para evitar riscos relacionados coas altas temperaturas propias desta época do ano.

⚙ Configurar cookies
0.12527179718018