O programa Guitiriz en ruta estará este domingo na Cova da Serpe

TerraChaXa
Este domingo continuará o programa municipal ‘Guitiriz en ruta 2021/2022’ cunha ruta de sendeirismo pola Cova da Serpe.
guitiriz en ruta segunda portada
20 Abr 2022

Este domingo, 22 de abril, continuará o programa municipal Guitiriz en ruta 2021/2022 cunha ruta de sendeirismo pola Cova da Serpe.

O itinerario consta de 12 quilómetros, con saída ás 10 horas da casa da Escola das Negradas. É unha ruta circular de dificultade media polos montes da parroquia das Negradas ata a Cova da Serpe, punto máis elevado da serra, con 841 metros de altitude.

A inscrición estará aberta ata este venres, 22 de abril, ás 14 horas a través do teléfono do Concello 982 370 109.

É importante levar roupa cómoda e apropiada para camiñar, dacordo ao tempo atmosférico, e tamén calzado.

0.08644700050354