O programa ‘Guitiriz en Ruta’ reuniu a 19 participantes na Ruta do Río Requeixo

TerraChaXa
Os asistentes fixeron un percorrido lineal de 12 quilómetros desde San Alberte ata a ponte do Porto dos Bois, na parroquia de Buriz
Ruta-do-Río-Requeixo-Guitiriz
24 Dec 2024

O programa ‘Guitiriz en Ruta’ reuniu a 19 participantes na Ruta do Río Requeixo o pasado domingo, 22 de decembro, na que foi a última saída desta sexta edición.

En total, os asistentes fixeron un percorrido lineal de 12 quilómetros desde San Alberte ata a ponte do Porto dos Bois, na parroquia de Buriz.

Os participantes empezaron na Ruta da Auga e despois enlazaron coa Ruta do Río Requeixo na ponte de Roca, punto onde empeza.

Estiveron acompañados por Olga Vázquez, técnica de Turismo no Concello de Guitiriz, quen foi a encargada de explicar todos os emblemáticos elementos que forman o lugar de San Alberte: a ponte, a capela, a fonte, o cruceiro, o Camiño Norte de Santiago e a natureza.

Para rematar a andaina e, con ela, o programa de rutas deste ano, o Concello invitou aos participantes a compartir uns pinchos de confraternidade aos que asistiu a alcaldesa, Marisol Morandeira, pechando desde xeito o ‘Guitiriz en Ruta’ do 2024.

0.16725516319275