O programa Guitiriz en Ruta reuniu unha vintena de persoas no seu reinicio despois do verán

TerraChaXa
Constou dun percorrido circular de 13,5 quilómetros polo monte de Santa Mariña entre as provincias de Lugo e A Coruña
guitiriz-en-ruta-irmans-da-lexia
29 Out 2024

A volta do programa Guitiriz en Ruta reuniu o pasado domingo, 27 de outubro, a 17 participantes na andaina ‘Camiñando entre provincias’. Constou dun percorrido circular de 13,5 quilómetros polo monte de Santa Mariña entre as provincias de Lugo e A Coruña.

A saída realizouse desde a igrexa de Santa Mariña ás 10:00 horas, mesmo punto onde finalizou a andaina. Os participantes gozaron dun percorrido que atravesou os concellos de Guitiriz, Curtis e Aranga.

Ao inicio da ruta visitaron a igrexa de Santa Mariña e os seus arredores, parando tamén no monólito en homenaxe aos irmáns da Lexía. Ademais, o cura da parroquia, Alfonso Blanco Torrado, recibiu aos sendeiristas e faloulles sobre a parroquia, contando a historia da fosa común que se escavou nese lugar e tamén a historia dos irmáns da Lexía.

A andaina discorreu con total normalidade durante a soleada mañá de domingo, na que os participantes gozaron dunha climatoloxía moi agradable.

0.30302786827087