O Programa Integrado de Emprego das Pontes remata unha nova etapa formativa

TerraChaXa
O Programa Integrado de Emprego de Galicia  do Concello das Pontes, acaba de finalizar unha nova etapa formativa coa entrega de diplomas ás alumnas que participaron no curso de carnicería e chacinería e un curso que conducía á obtención do certificado de profesionalidade en operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.
O Programa Integrado de Emprego das Pontes remata unha nova etapa formativa
10 sep 2019

O Programa Integrado de Emprego de Galicia  do Concello das Pontes, acaba de finalizar unha nova etapa formativa coa entrega de diplomas ás alumnas que participaron no curso de carnicería e chacinería e un curso que conducía á obtención do certificado de profesionalidade en operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.

O curso de carnicería e chacinería, posto en marcha no mes de maio, cunha duración de 220 horas, das cales 120 horas foron de prácticas non laborais en establecementos comerciais e carnicerías locais, permitiu que alumnas se achegasen a temas relacionados coa prevención dos riscos laborais no sector, o carné é de manipulador de alimentos, a teoría relacionada e os cortes básicos de carne e na parte de chacinaría.

De xeito paralelo, desde a última semana de abril, nove alumnas participan no curso de operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, orientado á obtención do certificado de profesionalidade, con prácticas non laborais en empresas e entidades locais, que lles permitiu adquirir nocións sobre as técnicas administrativas básicas de oficina tales como a organización empresarial e de recursos humanos, a xestión auxiliar da correspondencia e paquetería na empresa o de documentación económico-administrativa e comercial.

Asemade, as alumnas recibiron formación sobre operacións básicas de comunicación, tanto nas relacións profesionais como de comunicación oral e escrita na empresa, xestión auxiliar de arquivo e reprodución en soporte convencional e informático, formación que se complementará con prácticas non laborais en diversas empresas do municipio.

A concelleira de Emprego, Ana Pena, durante a entrega de diplomas ás alumnas que participaron nestas accións formativas sinalou que “estas accións son unha aposta decidida, do goberno municipal, polas accións de fomento do emprego a través da formación, tratando de que as alumnas adquiran competencias profesionais en dous sectores con un alto volume de demanda laboral para, deste xeito, contribuír a mellorar a súa posición de cara á súa incorporación no mercado de traballo”.

Outras accións formativas

Por outra banda, durante os meses de xullo e agosto, oito mulleres, participaron nun curso de xardinería e silvicutlura, de 120 horas, no que adquiriron coñecementos sobre técnicas de xardinería (útiles, rega, plantación e trasplante podas….), condicións ambientais do xardín, horta, xardín biolóxico, árbores, etc. e as plnatas do fogar (planta de interior e exterior).

As alumnas realizaron prácticas en zonas verdes municipais, levando a cabo a creación dunha zona axardinada na Praza de América, con plantas duradeiras e algunha de tempada, o acondicionamento  das xardinerias do Colexio Santa María así como a poda e acondicionamento das zonas verdes na Canle IV.

O 13 de setembro ao abeiro do Programa Integrado de Emprego de Galicia “Pontes de Emprego II” dará comezo un curso de atención ó cliente (60h) no que as alumnas podrán adquirir formación sobre técnicas de atención ao cliente, técnicas de venda, comunicación e protocolo co cliente, durante 40h de formación en aula e posterior práctica non laboral en empresas locais.

Programa Integrado de Emprego de Galicia

O Programa Integrado de Emprego de Galicia “Pontes de Emprego II”, ten como obxectivo prioritario promover e impulsar a inserción laboral de 100 mulleres, con especiais dificultades de inserción laboral; por medio dun amplo abano de accións informativas, formativas e de asesoramento e orientación laboral, axustadas ás necesidades de cada unha das beneficiarias.

Trátase dunha ferramenta de axuda e acompañamento especializado para desenvolver as competencias persoais, sociais e laborais do alumnado, acrecentando a súa empregabilidade para, deste xeito acadar, como mínimo, a incorporación laboral do 35% das participantes”.

O orzamento do Programa Integrado é de 170.312,50 euros, dos cales 136.250 euros son aportados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e 34.062,50 euros polo Concello de As Pontes.

0.15505695343018