O programa Redescubrindo Lugo chega a Meira o 4 de xullo
A terceira das xornadas viaxeiras do programa RedescubrindoLugo corresponderalle á localidade de Meira, acto que terá lugar o 4 de xullo entre as 10.00 e as 19.00 horas.
Na xornada debatirase sobre o lugar de nacemento do Miño, e visitaranse os lugares máis destacados deste histórico Concello como o Pedregal de Irimia, o miradoiro do Alto da Serrra, o mosteiro de Santa María ou o paseo polo parque Profesor Río Braxa e o muíño ata Fonmiñá.
Esta xornada contará coas expliacións da turística Yoani Jartín e inclúe unha degustación de produtos locais e un xantar.
As inscricións e información poden facerse a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo desta xornada viaxeira é de 15 euros (non inclúe transporte e comida) por persoa e as fotos e vídeos da experiencia serán compartidos nas redes sociais co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos.
Nesta xornada aplicaranse as medidas e consellos do Manual para os guías de turismo ante a covid-19”.