O programa Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa sen fronteiras chega a Friol o 13

O vindeiro sábado 13 de setembro de 2025, Friol converterase na quinta parada do programa Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa sen fronteiras, unha iniciativa financiada pola Axencia de Turismo e a Xunta de Galicia que busca poñer en valor o patrimonio natural e cultural da provincia.
A actividade consistirá nun paseo guiado de 4 quilómetros de distancia, que se desenvolverá entre as 11:00 e as 13:00 horas. O punto de encontro será a Praza Andón Cebreiro, desde onde partirán os participantes acompañados dun guía especializado.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. As persoas interesadas poden anotarse a través do correo info@comarcadelugo.gal