O proxecto da reitoral de Xermade recibe unha axuda do Ministerio de Transportes
O proxecto de rehabilitación da Casa Reitoral de Santa María de Xermade resultou seleccionado de forma provisional para a obtención dunha axuda ao abeiro do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para as Entidades Locais (PIREP local), do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
O proxecto denominado A Reitoral (CIT): Centro Internacional da Torneiría acadou 53,08 puntos, sendo o único proxecto beneficario na provincia de Lugo, dun total de 188 proxectos a nivel estatal. O importe da axuda ascende a 454.860,00 euros (o orzamento é de 500.195,80 euros), segundo a Resolución provisional de la convocatoria de Ayudas para la Rehabilitación de Edificios de Titularidad Pública en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, publicada na sede electrónica do MITMA o pasado 3 de abril.
Este proxecto, redactado polas arquitectas da Universidade da Coruña Luz Paz Agras e Marta Marcos Maroño, resultara tamén beneficiario das axudas do Instituto de Transición Xusta. O Concello de Xermade aceptou a concesión desta axuda, por importe de 403.000,00 euros, que acada o 100% dos gastos.