O proxecto Minerais contra o cancro une á veciñanza da comarca
O proxecto Minerais contra o cancro, impulsado pola Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC xunto co Hospital Universitario Lucus augusti (HULA), recollerá en diferentes localidades da comarca doazóns de sangue voluntarias para realizar analíticas e avaliar os niveis de minerais da poboación no marco desta investigación.
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e diferentes concellos da comarca, como Friol ou Pol veñen de firmar convenios de colaboración para levar a cabo o proxecto de investigación titulado O papel dos microminerais no doente oncolóxico na provincia de Lugo.
O proxecto, que ten por finalidade analizar a presenza de microminerais na poboación e como estes inciden na saúde e nos tratamentos oncolóxicos, comeza nesta primeira fase co estudo das persoas sans da provincia de Lugo que desexen participar e estean dispostas a doar unha mostra de sangue.
Para a primeira fase do estudo necesitan mostras de sangue da poboación de Lugo polo que se fái público para que a xente se anote e participe.
O principal punto de recollida é todos os días no HULA de 7:00 a 9:00 horas.
Para saber máis sobre o proxecto ou anotarse podedes seguir a seguinte ligazón ou ben por whatsapp no 690 971 248.