“O próximo curso, poderase xogar no campionato escolar galego”

LugoXa | TerraChaXa
Alexandre Sanmartín, coordinador das Gaélico Escolas PuntoGal
futbol-gaelico-friol-3
22 Jun 2025

O fútbol gaélico é un deporte emerxente que, ano a ano, vai gañando afeccionados e xogadores entre a mocidade galega, especialmente en Friol, onde está tendo unha gran aceptación. De feito, o próximo 17 de xuño celebrarse nesta localidade a Copa Xogade.

Fálenos un pouco da presenza do fútbol gaélico na provincia. Onde está presente?

O fútbol gaélico chegou a Lugo hai máis de 10 anos da man dos Torques, club asentado na capital desta provincia. Actualmente e referíndonos propiamente as categorías base, o único proxecto é o das Gaelico Escolas PuntoGal que comezou a finais do ano pasado, colaborando con centros escolares das localidades de Lugo, Sarria, Chantada e Friol Gracias a PuntoGal e a Deporte Galego.

Descríbanos un pouco en que consiste?

O fútbol gaélico é unha variante do fútbol. Ao igual que existe a británica ou a americana, que son máis populares entre nós, tamén existe a irlandesa. Neste caso tamén compiten dous equipos e o obxectivo e anotar máis puntos que o rival. Para iso, a bola pódese xogar tanto cos pés como coas mans e as porterías teñen forma de H. Anotando arriba acádase un punto e abaixo 3. O equipo que máis puntos ten, gana. Isto sería un breve resumo a grandes trazos, pero hai máis particularidades que fan que este deporte sexa moi dinámico e vistoso.

Cando comezou a practicarse e como foi a súa evolución?

Este deporte ten máis de 125 anos de historia, a federación irlandesa constituíuse no ano 1884 para preservar e fomentar os deportes autóctonos irlandeses. Actualmente é o deporte máis practicado e con máis seguidores na illa. Seguen preservando a vinculación co territorio e o carácter afeccionado pero no seu nivel máis alto de competición este ten unha exixencia profesional. A Galicia chegou no ano 2010 da man dos Fillos de Breogán da Coruña, e actualmente en Galicia existen 11 clubs espallados polo territorio que xogan unha liga regular e tamén a Copa Galicia. Ademais contamos cunha selección galega que compite a nivel internacional.

Teñen grupos asentados en diferentes lugares como Friol. Como está funcionando aquí?

A acollida en Friol foi espectacular tanto dos rapaces como por parte do centro escolar co seu director a fronte. Este curso traballamos cun grupo estable de máis de 20 rapazas e rapaces que participaron tanto en torneos escolares como en competicións que organiza a nosa asociación a nivel galego. Destacado especialmente o equipo de rapazas que participou na Copa Galega acadando moi bos resultados.

E noutros lugares da provincia?

Estamos promocionando o deporte impartindo unidades didácticas e organizando torneos escolares con centros de toda a provincia. Estamos tendo moita demanda por parte dos centros escolares que as veces non damos cuberto. Nalgún momento vímonos desbordados.

Como é a competición para a provincia de Lugo? Compítese entre os equipos da provincia ou contra outras?

Tendo en conta que comezamos a finais de 2024, estamos nas etapas iniciais de espallamento. Con todo, xa fomos quen de organizar os primeiros torneos e temos en previsión organizar outro o vindeiro mes de xuño. No próximo curso, ademais de torneos de tipo provincial, as persoas participantes terán opción, en función dos resultados, de xogar no campionato escolar galego.

Tamén se creou unha selección con dous rapaces de Friol. Como foi isto e que resultados trouxo?

A nosa asociación organiza todos os anos o campionato galego cadete e o equipo gañador representa a Galicia no torneo europeo que este ano se celebrou en Amsterdam. Como os ganadores necesitaban un par de xogadores extra debido a que no europeo xógase nun formato de a 9 e no galego a 7, sumaron dous rapaces de Friol ao equipo. O resultado no europeo non puido ser mellor, traendo a copa para Galicia tras unha exhibición e dominio do xogo durante todo o campionato. Esta vitoria non só e do equipo se non do proxecto, demostrando como traballando nas escolas dende a base se poden obter grandes resultados.

Teñen previsto outro tipo de actividades?

Si, o pasado 17 de xuño celebrouse en Friol a Copa Xogade en colaboración con Deporte Galego. Contamos con 9 equipos de 3 centros educativos.

Cales son os obxectivos a longo prazo?

Os obxectivos que marcamos son a medio prazo e sempre baseado nun crecemento que sexa sostible, planificado e sen presas. A idea e seguir promocionando o deporte entre a mocidade, aumentar o número de centros e consolidar as competicións existentes.

⚙ Configurar cookies
0.20355677604675