O PSdeG de Vilalba presentará emendas aos Orzamentos da Xunta

TerraChaXa
Lémbralle a Alfonso Rueda que "Vilalba tamén existe” e que é o cuarto concello con máis habitantes da provincia
Executiva-PSOE-Vilalba-2025
23 Oct 2025

A Agrupación Socialista de Vilalba presentará emendas aos Orzamentos da Xunta, que confirman “o abandono sistemático do noso concello por parte do goberno galego desde 2019”.

“Vilalba tamén existe”, sostén Paula Vigo, secretaria de Política Municipal da executiva local socialista, “e de feito, somo o cuarto concello da provincia por número de habitantes”.

“Nin a pedrea, é unha situación inasumible tendo en conta os proxectos pendentes da Xunta en Vilalba”, engade Paula Vigo, que lamenta que “somos unha veciñanza de segunda para o goberno de Rueda e non podemos permitilo”.

O PSdeG local pídelle ademais ao PP de Vilalba que se una a estas reivindicacións "e concrete que novos proxectos impulsou a Xunta aquí nos últimos seis anos".

Os socialistas de Vilalba concretarán nas próximas datas as emendas e esixirán á Xunta a inclusión das súas demandas nos Orzamentos.

⚙ Configurar cookies
0.080374956130981