O PSdeG respalda a intervención pública temporal de Alcoa

TerraChaXa | LugoXa
O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, reclama “cantas medidas sexan necesarias, incluída a intervención pública temporal” de Alcoa para salvar a actividade industrial e os postos de traballo de San Cibrao.
20 Out 2020

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, reclama “cantas medidas sexan necesarias, incluída a intervención pública temporal” de Alcoa para salvar a actividade industrial e os postos de traballo de San Cibrao. Seco presentou unha emenda a unha proposta do BNG, que se debaterá no Pleno que comeza mañá, para trasladar a Galicia un acordo semellante ao acadado en Madrid a semana pasada.

O responsable socialista apelou aos grupos parlamentarios para “continuar coa senda de unidade de acción para salvar a actividade industrial e os postos de traballo da factoría”, incluíndo na proposta a posible intervención “para a súa posterior venta a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable”.

Seco sinala á Xunta para reclamarlle que “continúe tomando as medidas necesarias traballando conxuntamente co goberno de España en materia medioambiental e laboral para que a actual propietaria acepte a intervención. Sinalou así o último paso do Ministerio de Industria, que “fixo pública a reclamación da devolución das axudas entregadas á empresa nos últimos anos”.

0.18549489974976