O PSOE Abadín critica o estado de abandono no que se atopa o punto limpo

TerraChaXa
Os socialistas de Abadín manifestaron a súa protesta polo estado "de abandono" no que se atopa o punto limpo do Concello, "outro exemplo máis do intolerable despilfarro e mala xestión do diñeiro público por parte do Sr.
PORTADAPARGAROCK
2 Out 2020

Os socialistas de Abadín manifestaron a súa protesta polo estado "de abandono" no que se atopa o punto limpo do Concello, "outro exemplo máis do intolerable despilfarro e mala xestión do diñeiro público por parte do Sr. Rancaño".

Segundo indican fai quince anos que se inagurou "a bombo e platillo" o punto limpo da Xesta, ao lado da estrada N-634 cun investimento de máis 200.000 euros a cargo da Consellería de Medio Ambiente. "Segundo as explicacións que deu a teniente de Alcalde Begoña Gaute consistía nun servizo de recollida selectiva gratuíto e público para todos os nosos veciños que permitiría depositar papel e cartón, plásticos e bricks , restos de podas, aceites e pilas".

Tal e como informan os socialistas a día de hoxe está cerrado e abandonado. Culpan ao alcalde, José María López Rancaño, "de interesalle máis o privado que o público" e poñen como exemplo de boa xestión "os puntos de recollida selectiva que ten o concello de Vilalba por diversas parroquias, claro as comparacións son odiosas".

 

0.16736197471619