O PSOE autonómico pide no Parlamento que se manteña o Ceip de Baamonde

TerraChaXa | LugoXa
O Deputado Autonómico e Voceiro do PsdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica coas que insta o Goberno galego “a manter en funcionamento o Ceip de Baamonde, desbotando calquera posibilidade de desafectar o centro, dado que o número actual de alumnos se sitúa seis veces por enriba do criterio establecido para pechar un centro educativo na Comunidade Autónoma de Galicia”.
Tributo a Sabina
3 Feb 2021

O Deputado Autonómico e Voceiro do PsdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica coas que insta o Goberno galego “a manter en funcionamento o Ceip de Baamonde, desbotando calquera posibilidade de desafectar o centro, dado que o número actual de alumnos se sitúa seis veces por enriba do criterio establecido para pechar un centro educativo na Comunidade Autónoma de Galicia”.

O Deputado explica na súa proposta que “na actualidade o Concello de Begonte conta con dous colexios públicos o CEIP Virxe do Corpiño, situado en Begonte e que ten 65 alumnos, e o CEIP de Baamonde que conta con 30. Pero o Alcalde deste concello pretende pechar o CEIP de Baamonde, trasladando ao alumnado ao CEIP Virxe do Corpiño, coa finalidade de convertelo nun Conservatorio Profesional de Música que dependería da Administración autonómica, actuación que aseguraba que tiña o apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria”.

Álvarez lembra que o Rexedor “aseguraba que tiña o compromiso da Consellería de acometer actuacións en ambos centros por valor de 900.000 €, para melloras no caso do CEIP Virxe do Corpiño e as reformas necesarias no CEIP de Baamonde para a súa transformación en conservatorio”.

Así as cousas sinala que o pasado 27 de xaneiro realizou unha pregunta sobre este asunto no Parlamento de Galicia “á que respondeu o Conselleiro de Educación e recoñeceu que ningún dos compromisos existía, nin a posta en funcionamento en Baamonde dun conservatorio profesional que dependa da Consellería. Nin tampouco o compromiso de investir cantidade algunha (nin 900.000 € nin outra) nos centros do concello de Begonte”.

Pleno do Concello de Begonte

O pasado 22 de xaneiro, o Pleno do Concello de Begonte aprobou unha iniciativa, respaldada só polo PP, na que se inclúen os seguintes puntos:
“1.-Se acorde solicitar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia se autorice a integración dos alumnos do actual Colexio de Baamonde no Colexio Virxe do Corpiño da capital do Concello.
2.- Que a mencionada Consellería efectúe neste Colexio as obras precisas non só para esta integración senón para dotar ao centro de instalacións e servizos que permitan que este centro sexa unha referencia educativa para toda a comarca, tanto pola formación regrada como por unha moi ampla formación complementaria.
3.- Que esta Consellería transforme a actual Escola de Música “Músico Crisanto” en Conservatorio Profesional de Música, con sede en Baamonde (Begonte).
4.- Que se desafecte o actual edificio do Colexio de Baamonde da súa función
educativa, mantendo as instalacións deportivas para a mesma función de promoción do deporte na localidade.
5.- Que se efectúen obras no indicado edificio para posibilitar que nel se instale o conservatorio profesional de música de Begonte.
6.- Que polo departamento da Xunta de Galicia que corresponda, se constrúa en Baamonde o Auditorio Camiño de Santiago, como complemento imprescindible do conservatorio profesional de música de Begonte e do mesmo camiño norte a Compostela.
7.- Se faculte á Alcaldía de Begonte para levar adiante as xestións precisas para a consecución do indicado.”
“Por todo isto, cabe concluír que nos atopámonos ante o único caso, inédito en Galicia, e probablemente de España, dun alcalde ou alcaldesa que quere pechar un colexio con máis de trinta alumnos, cando precisamente a batalla que se dá sempre en sentido contrario, é dicir, manter os centros educativos en funcionamento aínda con moitos menos alumnos”, denunciou o Deputado.

Luís Álvarez afirma que “acceder á petición do concello de Begonte de pechar do CEIP de Baamonde é un despropósito, xa que ningunha das actuacións que se pretenden ten o soporte racional, organizativo nin económico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade”, resumiu.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1834568977356