O PSOE da Pastoriza reclama que no se fixeran obras con financiamento da Deputación

TerraChaXa
O grupo municipal da Pastoriza, que preside o anterior alcalde, Primitivo Iglesias, recrimina ao novo equipo de Goberno que non se puxeras en marcha as obras de adecuación de camiños de acceso e espazos públicos, vivendas e depósito de auga en Bretoña, que se ían realizar en subvencionadas pola Deputación.
23 Xan 2024

Como explican os socialistas, no mes de abril de 2023, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou un convenio, cun investimento de 114.767 euros, que firmou o alcalde socialista, para realizar esta obra.

"Despois de sete meses, o equipo de goberno do PP foi incapaz de realizar as obras programadas; o 29 de decembro de 2023 o alcalde don Darío Cabaneiro tivo que solicitar a ampliación do prazo de execución e xustificación do convenio ara xuño 2024. Polo ben do noso concello o grupo socialista ponse a súa disposición para explicarlles como debe ser a xestión dun concello", critican os socialistas.

0.071015119552612