O PSOE da provincia rende homenaxe á anterior subdelegada, Isabel Rodríguez

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Terá lugar o sábado 29 de novembro na Finca A Fortaleza de Lugo, ás 14:30 horas, e estará aberto á participación da cidadanía e da sociedade civil lucense
isabel-rodriguez-plan-resilencia
19 Nov 2025

O PSdeG-PSOE na provincia de Lugo organiza un acto de homenaxe e recoñecemento á que foi Subdelegada do Goberno en Lugo durante sete anos, Isabel Rodríguez. A iniciativa parte da Executiva Provincial de Lugo, que quere agradecer publicamente o traballo desenvolvido nestes anos e a súa dedicación ao servizo público.

A homenaxe terá lugar o vindeiro sábado 29 de novembro na Finca A Fortaleza de Lugo (fronte ao Hotel Torre de Núñez), ás 14:30 horas, e estará aberto á participación da cidadanía e da sociedade civil lucense.

As persoas interesadas poden facer a súa reserva a través do teléfono 982 245 723 e recoller as súas invitacións na sede do partido en Lugo (Rúa Salmón, 4) ata o 26 de novembro.

Desde o PSdeG-PSOE na provincia de Lugo destacan que esta xornada pretende ser un espazo de recoñecemento á traxectoria institucional de Isabel Rodríguez e ao seu compromiso coa provincia ao longo destes anos de labor pública.

⚙ Configurar cookies
0.069557905197144