O PSOE das Pontes debate cos empresarios sobre os fondos da transición
A agrupación socialista das Pontes reuniuse co tecido empresarial do municipio para falar sobre os fondos de transición xusta e o plan de recuperación da Unión Europea.
Durante este encontro que contou coa participación do eurodiputado socialista Nicolás González Casares, membro da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo; a concelleria de Industria, Ana Pena, explicou que o obxectivo desta reunión “é coñecer de primeira man os avances na tramitacion das achegas europeas para os territorios en transición, as liña de traballo e proxectos que poderán beneficiarse destas axudas para, entre todos, promover a reindustrialización do municipio e á xeración de emprego no municipio.
Insistiu ademais en que “aínda que no momento actual estea a loitarse pola continuidade da central térmica co uso de biocombustibles é necesario, de forma paralela, aproveitar as oportunidades de apoio económico para a reindustrialización e diversificación industrial, a través de captación de novos proxectos e modernización das distintas actividades empresariais locais que van xurdir desde os fondos de transición europeos.
Pola súa banda, González Casares explicou que a pandemia provocada polo Covid 19 acelerou a posta en marcha do Fondo Europeo de Transición Xusta e o aumento da súa coantía “inicialmente falábase dun fondo de 7.500 millóns de euros para zonas en proceso de descarbonización, unha cantiadade insuficiente, agora pasa aos 40.000 millóns de euros o que supón multiplicar por cinco os investimentos para a provincia da Coruña”
Sinalou ademais a importancia de deseñar unha estratexia de transición xusta para poder captar máis fondos, estratexia que deberán centrase na recuperación industrial das zonas afectadas polos procesos de descarbonización, por medio de proxectos industriais sostibles, non exclusivamente enerxéticos, que promovan a transición enerxética ou a transición dixital.
Ademáis estás chegas tamén se destinarán a proxectos orientados á promocion do comercio, á revitalización do turismo así como para que as administracións públicas poñan en marcha proxectos de mellora de calidade de vida da cidadanía ou dos servizos públicos.