O PSOE de Abadín criticou o estado da praia fluvial de Moncelos
TerraChaXa
O PSOE de Abadín criticou o estado no que se atopa a praia fluvial de Moncelos.
12 Ago 2020
O PSOE de Abadín criticou o estado no que se atopa a praia fluvial de Moncelos.
"É vergoñento o estado de abandono da praia fluvial. Vese que o equipo de goberno non ten un plan de conservación para o rural do municipio", dixeron.
Ademais, engadiron quen esta praia fluvial de Moncelos atraía tanto a autóctonos como a foráneos e hoxe en día atópase "nun estado de abandono total".
E remataron dicindo que a "situación é grave principalmente nun ano no que en plena pandemia debemos evitar os lugares que están cheos de xente".