O PSOE de Abadín demanda a creación dun servizo de madrugadores

TerraChaXa
Pablo Díaz presentou unha moción co fin de que o Concello se implique coa anpa Colexio Público para a creación do servizo de madrugadores.
madrugadores nenos xogando
22 Maio 2021

O voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz presentou unha moción, para ser debatida no vindeiro Pleno, co fin de que o Concello se implique economicamente coa Asociación de Nais e Pais do Alumnado do Colexio do Público Aquilino Iglesia Alvariño e poidan acceder ao servicio de madrugadores, así como un programa de actividades extraescolares para o vindeiro curso 2021-2022.

O Voceiro Socialista remarca que presenta esta solicitude tralas peticións realizadas polos Nais e Pais do Colexio ao Grupo Socialista de Abadín na que lles trasladou esta demanda. “Queremos que as familias da nosa vila poidan conciliar a vida familiar e laboral, por iso entendemos que este servicio é fundamental para mellorar a calidade de vida dos veciños con servizos públicos útiles, eficientes e que dean resposta ás verdadeiras demandas da veciñanza” .

Así as cousas o programa Madrugadores consiste na ampliación do horario de apertura co centro educativo, durante todos os días lectivos, daqueles centros públicos onde se implante este servizo. Xeralmente a coordinación destas actividades complementarias, así como as actividades extraescolares é contratado e xestionado polas asociacións de nais e pais do alumnado (anpa) nos centros educativos de toda Galicia.

Por todo isto “dende este Grupo Municipal Socialista de Abadín demandamos ao Concello que colabore a través dunha partida económica coa anpa do colexio para que poidan impartir o servizo de madrugadores e realizar as actividades extraescolares. Hai que lembrar que que o Concello de Abadín goza dun superávit económico, do que o Alcalde sempre aire e presume, polo tanto, non poden mirar cara outro lado ante esta problemática e deben facilitar estes  servizos para todas as familias de Abadín”, remarcou.

0.1339418888092