Reclaman un segundo médico para o centro de saúde de Abadín

TerraChaXa
O veciños de Abadín volven este mes a reclamar un cambio na atención médica en Abadín, tal e como se denunciara en anteriores ocasións.
medico tension
31 Xul 2022

O veciños de Abadín volven este mes a reclamar un cambio na atención médica en Abadín, tal e como se denunciara en anteriores ocasións este ano. Piden que a vila conte con dous facultativos.

Segundo explican, dende o 1 de xullo e ata o 15 de agosto só hai un médico en servizo, que se ocupa de urxencias, visitas, acompañamentos a Lugo, etc.

Este médico, segundo informaron aos veciños collerá vacacións a partir do 15 de agosto polo que os veciños están preocupados por quen se encargará de cubrir o servizo.

Adiantan tamén que as citas estanse dando para 10 ou 15 días de demora polo que solicitan "un bo servizo de saúde para a xente de Abadín".

Indican á veciñanza que presente unha queixa no propio centro de saúde dirixida á Xunta de Galicia.

0.19802093505859