O PSOE de Abadín denuncia o "despilfarro" do alcalde na compra dun camión de roza

TerraChaXa
O PSOE de Abadín denuncia “a mala xestión e o despilfarro do alcalde do PP, que gastou 200.
22 Maio 2019

O PSOE de Abadín denuncia “a mala xestión e o despilfarro do alcalde do PP, que gastou 200.000 euros nun camión para a roza e a prevención de incendios que só o está utilizando días antes das eleccións, despois de estar medio ano parado no garaxe municipal”. Así o informou este luns o voceiro socialista, Pablo Díaz, que dixo que se trata dun exemplo máis “da improvisación e de cómo o Partido Popular leva dilapidando o diñeiro público de todos os veciños de Abadín durante 40 anos. Rancaño e Balseiro se sacaron a foto o día da entrega do camión e desde entón non soubemos máis. Esas son as políticas do PP, aparentar e non facer nada”.
Pablo Díaz explicou que anteriormente o rexedor popular tamén adquiriu un coche todoterreo de alta gama a cargo do Fondo de Compensación Ambiental, valorado en 40.000 euros, “segundo el para labores ambientais, cando existe outro vehículo no parque móbil coa mesma finalidade”.
Os socialistas advertiron do elevado gasto do goberno municipal no parque móbil pois contan con 3 tractores de dobre tracción, 5 todoterreos, 1 pala mixta que leva case 2 anos avariada, 5 camións, 2 furgonetas e outro todoterreo que utiliza a diario o Alcalde. “Temos moita maquinaria municipal pero non dispoñemos de persoas cualificadas para poder traballar con elas polo que están paradas e sen uso”.
“Dende o PSOE queremos acabar con esta dinámica caciquil. Para iso é necesario que o vindeiro 26 de maio prodúzase o cambio no goberno municipal, para que os cartos públicos de todos os veciños sexan para o ben común e non para interese particular”, salientou Pablo Díaz.

0.087481021881104