O PSOE de Abadín denuncia o estado no que están as zonas verdes

TerraChaXa | LugoXa
A Agrupación Socialista de Abadín denunciou o abandono que sofren os espazos verdes do concello, así como a toda a rede de camiños municipais.
PROGRAMa CONGRESO DE XENEROS 1
13 Nov 2020

A Agrupación Socialista de Abadín denunciou o abandono que sofren os espazos verdes do concello, así como a toda a rede de camiños municipais.

Advirten que nas parroquias de Fanoi, Labrada, Romariz ou Candia “calquera pode comprobar o lamentable estado das nosas pistas municipais. Hai falla de desbroces e mantemento dos viais”. O mesmo ocorre coas pontes da vila “por exemplo na parroquia de Abeledo, hai unha ponte que leva 4 anos coas barandillas completamente esmagadas, e sen ningún tipo solución”, denuncian.

Así as cousas emprazan ao Goberno de Rancaño a que se dea un paseo polas parroquias “porque non todo o mundo pode desfrutar dun vehículo todo-terreno gratuíto, como desfruta o Alcalde para percorrer o noso municipio. Queremos que se desbrocen as pistas do Concello de Abadín, e que se realice o mantemento das pontes, para cumprir as normas de seguridade”, resumiu Pablo Díaz.

0.1986939907074